O PSOE intentará gobernar en solitario

A vicepresidenta do goberno español afirma que o 28A a cidadanía outorgoulle os socialistas “apoio suficiente para ser o timón deste barco”.

carmen calvo psoe
photo_camera Imaxe: PSOE

O PSOE aposta en intentar un goberno en solitario,. Así o expresou esta segunda feira a vicepresidenta do goberno español, Carmen Calvo, nunha entrevista na Cadena Ser. A número 2 do executivo español confirmou que o roteiro do PSOE pasa por intentar unha investidura sen necesidade de que Unidas Podemos entre no goberno.


“Temos un apoio máis que suficiente para ser o timón deste barco, que ten que seguir o seu rumbo”, dixo Calvo. A vicepresidenta, porén, agradeceu a Unidos-Podemos a “axuda” nestes meses. “Refórzannos como goberno progresista” mais non se mostou partidaria de gobernos de coalición e si de “seguir avanzando nesta fórmula que iniciamos” a partir da moción de censura.

Comentarios