O PSOE inicia a expulsión de Manuel Martínez

O alcalde de Becerreá e deputado provincial di que recorrerá a decisión.

Manuel Martínez_Deputación de Lugo
photo_camera Manuel Martínez [Imaxe Deputación de Lugo]

O PSOE decidiu iniciar os trámites para a expulsión temporal de Manuel Martínez, o rexedor de Becerreá (Lugo) e deputado provincial, que outorgou o goberno da Deputación ao Partido Popular e optou, con posterioridade, rachar os acordos do grupo socialista na institución para se aliñar coa oposición. 

A dirección do partido asegura que a decisión responde ao "gravísimo dano" que a actuación de Martínez carrexou para a súa imaxe "non só na provincia de Lugo, senón no seu conxunto", sinala o documento remitido pola Secretaría de Organización do PSOE a nivel federal no que se avanza a abertura dun expediente disciplinario, segundo recolle Europa Press. 

En declaracións á axencia de noticias o alcalde e deputado asegurou que recorrerá a decisión en canto lle sexa notificada formalmente ao tempo que se amosou "tranquilo". Malia as críticas, Martínez conta aínda con algún apoio no partido, como o rexedor de Castroverde, José María Arias. 

Porén, desde o PSOE aseguran que que as súas "actitudes" son "gravemente irregulares" ao abeiro dos estatutos do partido. 

Comentarios