PSOE-BNG, as chaves dunha negociación discreta

3 de xaneiro, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a portavoz parlamentaria do PSOE no Congreso dos Deputados, Adriana Lastra asinaban na capital do Estado un acordo de investidura con diferentes medidas referidas á Galiza. Nós Diario revela a intrahistoria dun pacto vital para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno español.

BNG
photo_camera BNG

Os contactos entre o Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) sucédense a varios niveis desde os días posteriores á realización das eleccións estatais de novembro. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, mantivo a vía aberta de maneira permanente con representantes do PSOE. Por outra banda, a comisión negociadora das nacionalistas, formada por Goretti Sanmartín, Ruben Cela e o propio Rego xuntouse en varias ocasións cunha delegación socialista da que fixeron parte a portavoz parlamentaria, Adriana Lastra, o secretario xeral do grupo, Rafael Simancas e, nunha primeira reunión, o deputado pola circunscrición de Pontevedra Guillermo Meixón.

Unha parte significativa da negociación desenvolveuse a través dos documentos que se cruzaron mediante o correo electrónico os membros das respectivas comisións negociadoras. Segundo as fontes do BNG consultadas por Nós Diario, “as socialistas rexeitaron unha parte substancial dos primeiros borradores que lles fixemos chegar porque pensaban que se trataba de propostas excesivamente concretas. A pretensión do PSOE era a de asinar un documento moito máis xenérico, sen prazos, na liña dos asinados con outras forzas políticas. Ao BNG iso non lle valía”.

As resistencias dunha e outra organización na redacción das propostas programáticas agocharon diverxencias máis de fondo. Dirixentes socialistas e nacionalistas coñecedores da negociación indican a Nós Diario que as discusións máis duras xiraron ao redor da transferencia e rebaixa das peaxes da AP-9, do status xurídico para Galiza no marco dunha nova reformulación territorial do Estado, do Estatuto das Empresas Electrointensivas, da dobre tributación das emigrantes e do traslado da planta de Ence fóra da ría de Pontevedra. É precisamente esta cuestión un dos aspectos que máis reticencias xerou entre o equipa de negociación do PSOE, unha vez que o acordo semellaba encarreirado.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios