Política

PSdeG insta a Xunta a "poñer o foco" nas residencias de maiores após máis de 300 contaxios

O líder das socialistas galegas, Gonzalo Caballero, sinala que o Goberno do Estado "acerta" cando "prioriza a saúde" e "paraliza toda a actividade económica". 
Gonzalo Caballero (PSdeG).
photo_camera Gonzalo Caballero (PSdeG).

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, incidiu esta segunda feira en que a Galiza ten que "poñer o foco nas residencias de maiores e de persoas con diversidade funcional", pois nelas hai máis de "300 contaxios", e "en fortalecer a sanidade pública", a fin de "contribuír entre todas na saída do túnel" desta crise derivada da expansión do coronavirus. 

Caballero manifestou o seu "apoio" á decisión do Goberno do Estado de "afondar no confinamento para loitar contra a propagación" da COVID-19 entre a poboación.

"Acerta cando prioriza a saúde e paraliza toda a actividade económica non esencial durante dúas semanas", salientou o líder das socialistas galegas, quen avanzou que veñen por diante "semanas moi complicadas" porque o sistema sanitario "estará ao límite".

Así pois, Caballero chamou á Xunta da Galiza a "traballar con lealdade" a carón do Executivo estatal "reforzando as medidas de protección da cidadanía e das traballadoras, que están atravesando situacións moi complexas" a consecuencia desta pandemia.

Comentarios