Política

PSdeG urxe aumentar o persoal e mellorar a súa protección ante a crise nas residencias de maiores

Marina Ortega urxiu un plan para aumentar o persoal dos servizos sociais, así como mellorar os seus equipos de protección ante a situación que atravesan as residencias na Galiza.  
Marina Ortega (PSdeG).
photo_camera Marina Ortega (PSdeG).

A secretaria de Política Social do PSdeG, Marina Ortega, urxiu este sábado un plan para aumentar o persoal dos servizos sociais e mellorar os seus medios de protección ante a situación que atravesan as residencias de maiores e de persoas con diversidade funcional debido á pandemia da COVID-19.

Así o manifestou a socialista nun comunicado no que asegura que a situación destes centros é a "maior preocupación" das socialistas galegas tendo en conta que o número de persoas contaxiadas nestes espazos supera as 600 entre usuarios e traballadores.

Ortega fixo referencia aos "contaxios masivos" nas residencias para a terceira idade no país, como xa manifestara o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que esta semana apuntou a que "algo fallou" nestes centros

Neste contexto, incidiu en que a Xunta "non pode tentar maquillar os datos" a través dun novo sistema de contabilidade. "O Goberno galego ten que dar información fiábel, porque cada falecemento é de máxima gravidade, e é necesario ter os datos correctos para poder avaliar a situación", apuntou.

Comentarios