PSdeG solicita unha comisión "de estudo" sobre o sinistro de Angrois após rexeitar unha investigación

O grupo parlamentar socialista pide a creación dun organismo "compatíbel" coa subcomisión do Ministerio español de Fomento

 

Unha comisión de estudo dunha "subcomisión de estudo" promovida polo Ministerio español de Fomento. Esa é a proposta rexistrada polo PSdeG-PSOE minutos despois de se absteren na votación decorrida esta terza feira no Parlamento galego e que promovía --a petición de BNG e AGE-- que se constituíse unha comisión de investigación arredor do accidente ferroviario do pasado 24 de xullo.

@s socialistas apelan á "pridencia" para aseguraren que "non é o momento" de investigar as causas, no entanto, din estaren predispost@s a analisar "as causas" do sinistro e promover "a elaboración de propostas para a mellora da seguridade" nos tramos de alta velocidade. Aliás, a proposta rexistrada na Cámara minutos despois do debate parlamentar visa facer seguimento de cara a asegurar unha atención acaída ás vítimas e aos seus familiares" toda vez que "a clarificar as causas" do accidente. 

Comentarios