O PSdeG renova a súa Executiva coa incorporación de Nicolás González e Guillermo Meijón

Gonzalo Caballero asegura os socialistas porán "o mellor de si mesmos" para facer as "mellores políticas" nun contexto de pandemia
Reunion da Executva do PSdeG (Europa Press).
photo_camera Reunion da Executva do PSdeG (Europa Press).

O Partido Socialista galego incorporou á súa Executiva o eurodeputado Nicolás González Casares e o deputado Congreso Guillermo Meijón, quen tamén será o novo encargado de coordinar os membros do PSdeG na Cámara baixa.

Así o anunciou o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, quen tamén destacou que o portavoz de Sanidade no Parlamento da Galiza, Julio Torrado, asumirá os asuntos de sanidade no partido. Ademais, a alcaldesa de Trabada, Maira García, ostentará as responsabilidades de Medio Rural.

"Estamos a pór todas as vimbias que temos nas mellores condicións para que esta lexislatura teña un PSdeG que defenda á xente e que ninguén quede atrás", manifestou Caballero durante a reunión da Executiva que tivo lugar a pasada sexta feira.

Políticas públicas

Na súa intervención, o líder dos socialistas galegos asegurou que, nun contexto marcado polo coronavirus, cada socialista porá "o mellor de si mesmo alí onde estea". "Todos os esforzos son fundamentais para conseguir saír adiante ante os retos desta pandemia e os socialistas imos pór toda a nosa capacidade para facer as mellores políticas públicas", indicou.

"Imos traballar desde as nosas responsabilidades para protexer á xente", incidiu Gonzalo Caballero, quen se mostrou partidario de que "nesta crise non queden miles de cidadáns abandonados, en situación de vulnerabilidade e afectados pola debilidade dos servizos públicos".

Así, avogou por garantir que esta sexa a "lexislatura de protección das persoas", na que o PSdeG defenderá que as políticas sexan "un paraugas de protección para que ninguén quede á choiva". "Para protexer á xente fronte aos riscos dunha pandemia que atenta contra a nosa saúde e contra un sistema económico que se cambalea e necesita da nosa protección", afirmou.

Caballero asegurou, ademais, que os novos recoñecementos non responden a criterios territoriais.  "Estamos a pór aos perfís que cremos que poden funcionar mellor", apuntou.

Comentarios