Regades négase a falar de candidatos

O PSdeG de Pontevedra celebra congreso o 15 e 16 xaneiro

Os socialistas pontevedreses serán os primeiros en renovar os seus organismos de dirección interna. O 15 e 16 de novembro celebran un congreso para escoller o comité do partido.

Silva
photo_camera Carmela silva e David Regades no congreso federal do PSdeG. Foto:Europa Press

A dirección do PSdeG de Pontevedra fixo pública a súa intención de convocar congreso provincial para os días 15 e 16 de xaneiro. O congreso celébrase no marco do proceso de renovación aberto tras os conclave estatal e galego.

O secretario do partido na circunscrición, David Regades deu a coñecer esta nova nos órganos internos da formación, convertendo así ao PSdeG Pontevedra no primeiro en fixar a data para o proceso de renovación sinalado nos estatutos.

Regades non confirmou a súa continuidade no cargo. A este respecto, sinalou que “agora é o tempo da convocatoria do congreso provincial, xa  levará o tempo das candidaturas”. Porén, as fontes consultadas por Nós Diario non descartan esa posibilidade e ven a Regades con apoio para manterse na responsabilidade.

Pontevedra optou nas recentes primarias socialistas por Gonzalo Caballero. O candidato derrotado recibiu na circunscrición o 62,1% dos votos, debido fundamentalmente aos resultados de Vigo onde acadou o 79,66% dos apoios.

Primarias

Vilagarcía, Lalín, Gondomar, Tui ou Cuntis foron algunhas das localidades onde se alzou como vencedor Valentín González Formoso, quen conseguiu na cidade de Pontevedra o 45% dos sufraxios. En todo caso, no se agarda este congreso na mesma chave que o celebrado a nivel galego.

Formoso ten por diante para as vindeiras semanas un traballo de integración con sectores do partido en Pontevedra e moi particularmente en Vigo, onde o sector aglutinado arredor de Abel Caballero apostou maioritariamente polo sobriño do alcalde.

As valoración da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva do congreso galego adiantan a súa vontade de pasar páxina e por traballar pola unidade do partido. Silva é unha das persoas de máxima confianza do alcalde vigués, Abel Caballero.

Máis en POLÍTICA
Comentarios