O PSdeG insta a Xunta a retirar o recurso contra o imposto ás fortunas

Rumbo di que o Goberno galego favorece "os ricos".
A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo, nunha imaxe de arquivo.
photo_camera A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo, nunha imaxe de arquivo.

O PSdeG anunciou esta segunda feira unha "batería de iniciativas" no Parlamento galego para reclamar ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que retire o recurso presentado ante o Tribunal Constitucional (TC) contra o imposto ás grandes fortunas fixado polo Goberno estatal.

A viceportavoz do grupo socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, censurou que Rueda decida "aliarse" coa presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, ao presentar este recurso "para favorecer os máis ricos" en lugar de apoiar as persoas "que peor o están pasando".

Rumbo considera que o recurso anunciado polo Goberno galego sitúase na mesma liña que a redución do imposto de patrimonio até 50% para "darl4.500 euros aos 7.700 galegos con maiores fortunas, mentres se retira a Tarxeta Básica".

Pedro Pui

Pola súa parte, o portavoz parlamentario do PP galego, Pedro Pui, indicou que o imposto de patrimonio é "un dos escasos tributos" que teñen as comunidades e o imposto de grandes fortunas "quita a competencia" aos territorios.

Comentarios