O PSdeG ensaríllase máis: Barcón demite como secretaria xeral do socialismo coruñés

Pide que unha comisión xestora tome as rendas. Manterá a acta como concelleira en María Pita.

mar barcón

Mar Barcón demite como secretaria xeral do PSOE da Coruña. A que fora candidata dos socialistas nas eleccións municipais deixa o cargo, mantén iso si o de concelleira, e pide que unha comisión xestora se faga cargo do partido na cidade. Ferraz é quen ten o poder para designar esa comisión. A decisión é “irrenunciábel”, quixo deixar claro Barcón.

A demisión súmase á adoptada un día antes polo portavoz do PSOE na Coruña, José Manuel Dapena, anoxado polo que consideraba inxerencias e protagonismo de Mar Barcón. Unha xuntanza desta co alcalde Xulio Ferreiro ás súas costas sería a pinga que rebordou o vaso da paciencia do xa ex-portavoz. Agora é Barcón quen marcha e evidencia a fenda existente no socialismo coruñés.Na carta de despedida lembrou os seus 35 anos de militancia e deu grazas a Francisco Vázquez, Javier Losada ou Méndez Romeu.

A demisión volve proxectar unha imaxe do PSOE en Galiza desunido e sometido a divisións e fendas internas, sen que haxa unha figura á que todos os sectores acepten.

Comentarios