O PSdeG denuncia as "longas listaxes de agarda" en saúde mental

Torrado di que a Consellaría non garante "o dereito á atención".
O socialista Julio Torrado, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O socialista Julio Torrado, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Nós Diario)

O portavoz de sanidade do grupo socialista no Parlamento galego, Julio Torrado, advertiu esta cuarta feira á Xunta de que actualmente "o dereito á saúde mental non está garantido" na Galiza por mor do di-latado tempo de espera "de até catro meses para ter unha primeira cita co especialista".

Torrado presentou varias iniciativas que defenderá o PSdeG no relativo á saúde mental, especialmente en idade infanto-xuvenil, xa que neste grupo agravouse de maneira "preocupante" o número de afectacións,. Segundo datos da OMS un de cada sete menores ten un problema de saúde mental.

No relativo á Galiza, Julio Torrado apuntou que "temos a peor saúde mental autopercibida do Estado", xa que 40% dos homes e 50% das mulleres galegas din que sufriron algún pro-blema de saúde mental.

Caso Mediador

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, defendeu onte a reacción "contundente" do PSOE ante o 'Caso Mediador', no que, segundo recollenonte algúns medios de comunicación, podería haber parlamentarios socialistas galegos e andaluces implicados. Formoso dixo que "a día de hoxe" só hai "un investigado" ao que partido "expulsou" e "fixo entregar a acta" de deputado "en oito horas".

Formoso incidiu en que "só figura como "investigado" o xa ex parlamentario canario Juan Bernardo Fuentes, cuxa expulsión demostra a "tolerancia respecto diso da corrupción" no PSOE  é cero". A continuación, sinalou que o presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, "abrazábase" á alcaldesa de Marbella (Ángeles Muñoz), que está "totalmente cercada por casos de corrupción".

Comentarios