O PSdeG cualifica a xestión eólica da Xunta de "inoperante e insolvente"

Álvarez advirte da "crise" do sistema sanitario.
Luis Álvarez (Foto: Nós Diario).
photo_camera Luis Álvarez. (Foto: Nós Diario)

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, definiu a política eólica da Xunta da Galiza como "exemplo paradigmático do seu déficit de xestión" e indicou que é "pintoresco e preocupante" que se estea "forzando o límite de prazos" para aprobar as 140 declaracións de impacto ambiental das que dependen os parques eólicos antes desta cuarta feira.

En rolda de prensa, Álvarez insistiu onte en que á Xunta "non lle importa pór en risco investimentos estratéxicos co único afán de confrontar co Goberno de Sánchez". Ademais, defendeu que a xestión do sector eólico mostra unha Xunta "inoperante e insolvente".

Na mesma comparecencia, Álvarez criticou as declaracións de Alberto Núñez Feixoo contra o Goberno español pola sanidade e apuntou que as realiza "cando as listas de agarda están disparadas na Galiza e cando Rueda se enfronta á "crise absoluta do sistema sanitario" logo da precarización e da privatización que teñen aplicado na Galiza desde 2009. "Ao mellor Rueda e o conselleiro de Sanidade non están a entender o que está a pasar", remarcou.

Comentarios