O PSdeG critica o 'caos da Xunta' na xestión dos incendios forestais

Lara PSOE
photo_camera Lara Méndez, vicesecretaria xeral do PSdeG.(Foto:Europa Press).

Galiza atópase á cola do Estado en investimento público en dependencia. Segundo os datos que vén de facer públicos na xornada desta terza feira a asociación estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, o conxunto dos Gobernos autonómicos destinaron en 2021 de media ao financiamento deste servizo 79,1% do seu custo total, porén a Xunta só dedicou 67%. Así as cousas, o Goberno galego colocouse de fecha cancelas, nunha clasificación que liderou Euskadi cunha achega de 88%, seguido de País Valencià con 85% e Nafarroa con 84%. O viceportavoz do grupo parlamentario do Partido Popular, Alberto Pazos, eludiu as responsabilidades do Goberno galego nesta situación e culpou da mesma ao modelo de xestión dos servizos públicos sociais do Goberno de Pedro Sánchez, onde o “Estado invita e as comunidades autónomas pagan”. Neste sentido, cargou contra “as “ocorrencias do Goberno do Estado que trata de repercutir nas xa maltreitas facendas autonómicas”.

“A combinación do incumprimento en materia de financiamento, sumada ao aumento de custes derivados da improvisación do Goberno resulta inaceptable, polo dobre impacto negativo que suporía, por unha banda sobre a facenda galega, e , en segundo lugar, sobre a accesibilidade aos servizos sociais” indicou Pazos, que puxo como exemplo de políticas sociais as levadas adiante pola Xunta da Galiza.

Pazos criticou, tamén,  a “improvisación e escurantismo nas propostas do Goberno do Estado para redefinir o modelo e coidados aos maiores, con medidas que suporían dificultades ao acceso dos cidadáns aos coidados, reduciría o número de prazas dispoñíbeis e que ademais requiriría dun importante orzamento que non foi comprometido polo Goberno do Estado” no documento orzamentario

Comentarios