O PSdeG chama á participación para reforzar a democracia

Os candidatos e candidatas do PSdeG insistiron na necesaria participación da sociedade como símbolo da democracia.

201215 Voto Margarita Pérez Herraiz

A número 1 do PSOE pola Coruña, Pilar Cancela, votou a media mañá na Facultade de Filoloxía, en Compostela, onde apelou á participación, como tamén fixo a candidata número 2 por Lugo, Margarita Pérez Herráiz, quen expresou en declaracións á prensa: “como digo sempre, que haxa participación e que a xente vote o que lle pareza máis oportuno e mellor para a sociedade, pero que vote”.

Ricardo Varela, candidato ao Senado por Lugo, salientou a importancia de votar o día de hoxe, no que “a xente colle a papeleta para decidir o seu futuro”. Expresou o seu desexo de que a xornada transcorra sen incidencias e con normalidade e de que se rexistre a participación máis alta posíbel, “pois é un símbolo da democracia”.

A número 1 por Ourense votou contra as 11h no pavillón dos Remedios e a súa homóloga por Pontevedra, Dolores Galovart, votou na Casa das Artes, en Vigo, ás 10.30h.

Comentarios