O PSdeG avisa contra “falsos atallos pola esquerda” para derrotar á dereita

O secretario xeral dos socialistas en Galiza fai un chamamento ás persoas indecisas para que cando “voten o domingo pensen en todo aquilo que non pensa a dereita”.

peche campaña psdeg
photo_camera (Imaxe: PSdeG)


Os socialistas galegos afrontaron o último acto de campaña en Lugo onde avisou contra “falsos atallos pola esquerda” para derrotar ao PP. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que “só hai un camiño que leva seguro ao cambio”.

A única alternativa posible ás políticas do PP é o Partido Socialista, que protagonizará a remontada para liderar a transformación que España e Galiza precisan”, apelou Besteiro ás persoas indecisas, segundo declaracións recollidas pola axencia EFE.

O líder do PSdeG pediu que cando a cidadanía acuda a votar “pensen no profesor que todos recordamos e queren deixar tirado, no médico que axuda cando estás mal e a dereita quere darlle as costas, no amigo emigrado co que falas en Skype, nos veciños que temos no paro, temos que pensar en todos os que non pensa o PP”.

Besteiro erixiu a Pedro Sánchez como “único portavoz dos problemas da sociedade española”. Estivo acompañado dos candidatos do PSOE, da rexedora de Lugo, Lara Méndez, e do presidente da Depuración, Darío Campos

Comentarios