PSdeG advirte que non negociará co PP a redución de deputad@s porque é "unha liña vermella"

O portavoz do grupo parlamentar socialista foi taxativo após a Xunta de portavoces: "Non estamos negociando nada" e advertiu que acudirán á xuntaza co PP para "escoitar" a súa proposta mais non para cruzaren o que consideraron "unha liña vermella"

Reunión da Mesa do Parlamento de Galiza
photo_camera Reunión da Mesa do Parlamento de Galiza

@s socialistas manteñen a postura que manifestaron inicialmente. Non negociarán co partido maioritario a redución do arco parlamentar, malia aceptaren o convite para se reuniren esta quinta feira. 

Abel Losada --que eludiu avanzar cal será a proposta de redución de gastos institucionais que achegarán desde o PSdeG-- afirmou de maneira taxativa que asisten á xuntanza "para escoitar" a reforma prevista pol@s populares mais que non negociarán a redución do número de deputad@s prevista ao consideraren "unha liña vermella" a representación parlamentar. 

Aliás, apuntan "o problema do Parlamento é a utilidade do mesmo e non", din, a cantidade de escanos que compoñen o seu arco. Abel Losada afirmou en comparecencia de imprensa que para o seu grupo a composición da Cámara é "unha liña vermella" e de mudar o seu número @s socialistas apostan "por abrir e non reducir". 

O PP acepta falar con AGE
Marta Rodríguez Arias confirmou esta terza feira que o grupo maioritaria manterá unha xuntanza bilateral do PSdeG e malia rexeitaren inicialmente que non reiterarían o convite a AGE após considerar que est@s só buscan "boicotear" a reunión, Pedro Puy comunicou esta tarde que "acepta a solicitude" da coligación para tomaren parte da reunión. 

AGE asegurou que participarían das reunións sempre "que outro grupo aceptase".

Pola súa banda, o Bloque rexeitou máis unha vez reunirse c@s populares por entenderen que a proposta é "antidemocrática" alías, reiteraron que defenderán a súa reforma electoral. 

Comentarios