O PSdeG acusa a Xunta de deixar sen gastar 1.770 millóns en emprego

Álvarez censura a política laboral de Rueda.
Luís Álvarez exixiu á Xunta da Galiza explicar a política en emprego. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Luís Álvarez exixiu á Xunta da Galiza explicar a política en emprego. (Foto: Nós Diario)

Os Gobernos galegos de Alberto Núñez Feixoo e Alfonso Rueda deixaron sen gastar "até 1.770 millóns de euros" do orzamento dá Xunta da Galiza para políticas activas de emprego desde o ano 2009.

Así o denunciou esta terza feira o voceiro parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, ao comparecer após a xunta de portavoces da Cámara, desde onde  emprazou Rueda "a dar conta da falla de medidas para mellorar a situación económica dos galegos e das galegas".

Álvarez reclamou ao presidente da Xunta que ofreza "algo máis que vaguidades e obviedades", e exixiu medidas para axudar a poboación en situación de vulnerabilidade, medidas estratéxicas para dinamizar a economía e apoiar empresarios e autónomos.

 Álvarez, ademais, afeou o Goberno galego que nin sequera tivera a ben convocar "nin unha soa vez nesta lexislatura" o Consello Autonómico ou os consellos provinciais de emprego, órganos consultivos a disposición do Executivo da Galiza. O PSdeG tamén presentará no próximo pleno unha proposición para exixir o aumento de persoal para a saúde mental.

Comentarios