O PSdeG acusa o Sergas de "deixar" sen convocar 100 prazas de médicos

Comesaña volve pór o Estado no albo.
Julio Torrado durante a interpelación parlamentaria. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Julio Torrado durante a interpelación parlamentaria. (Foto: Nós Diario)

O portavoz de Sanidade do PSdeG na Cámara galega, Julio Torrado, afeou esta cuarta feira ao conselleiro de Sanidade, Julio García Caamaño, que logo de "pasar o día" protestando pola falla de MIR habilitados polo Estado, "e despois de recibir a quinta convocatoria consecutiva máis alta da historia", deixan 100 prazas sen convocar.

No debate dunha pregunta no Parlamento, o deputado da formación socialista constatou que as escusas "vólvense en contra" da Xunta e preguntou "quo vadis, conselleiro?" —onde vai, conselleiro?—.

Comesaña afirmou que a Consellaría de Sanidade convoca agora máis prazas que "no bipartito" e insistiu en que o Estado é o responsábel da falla de persoal médico de familia, "o que afecta a todas as comunidades, non só a Galiza".

180 facultativos menos

Porén, Julio Torrado manifestou que "non temos máis prazas MIR de Atención Primaria porque non as pediron", así como que "hoxe non temos 180 médicos de Atención Primaria porque nos últimos dez anos non quixeron" convocar a súa formación.

Comentarios