O PSdeG: activar 555 millóns de euros para crear 30.000 empregos

Os socialistas propoñen aumentar os ingresos en 337 millóns cun novo modelo fiscal e reducir o gasto improdutivo en 218 millóns de euros. Eses cartos irán para a recuperación do tecido económico e blindar os servizos sociais.

 

O portavoz de Facenda do PSdeG no Parlamento reclamou no debate dos orzamentos a mobilización de 555 millóns de euros coa finalidade de crear 30.000 empregos, “reactivar o tecido económico e blindar os servizos sociais”. González Santín avirte que os orzamentos da Xunta fracasan na creación de emprego, e carecen de previsión e análise serio da realidade.

Os socialistas propoñen aumentar os ingresos en 337 millóns cun novo modelo fiscal e reducir o gasto improdutivo en 218 millóns de euros.

Comentarios