O PSC votará en contra de Rajoy fixer o que fixer o PSOE

No marco da guerra interna que ten lugar no PSOE, Miquel Iceta, líder do PSC, asegura que os e as parlamentares catalás votarán en contra de Mariano Rajoy nunha eventual investidura fixer o que fixer o PSOE.

[Imaxe: @miqueliceta] Iceta, no centro, con xente moza do PSC
photo_camera [Imaxe: @miqueliceta] Iceta, no centro, con xente moza do PSC

Miquel Iceta, próximo a Pedro Sánchez, advertiu esta sexta feira de que o PSC votará non á investidura de Rajoy como presidente do Goberno central con independencia da decisión que adopte o PSOE. Os e as catalás farano non para “romper nada”, senón para seren “coherentes” co posicionamento inicial do PSOE, en palabras do propio Iceta.

En declaracións aos medios antes de participar coa sectorial de universidades do partido, o dirixente do PSC admitiu que “pode acontecer que votemos diferente”, aínda que puxo de manifesto que lle “custa pensar” que o PSOE “decida dar un xiro de 180 graos nunha posición política sobre un tema tan importante”. “É un escenario que non contemplo”, apuntou, para tratar de lle restar peso ao anuncio dese voto en contra.

Iceta: "No PSC é amplísima a maioría que non está disposta a apoiar o PP”

Iceta salientou que no PSC “é amplísima a maioría que non está disposta a apoiar o PP” e lembrou que a formación trata de se erixir como “a principal abandeirada” de que a solución á cuestión territorial pasa polo “diálogo, a negociación e o pacto”. Algo, engadiu, que o PP sempre negou, polo que o PSC “non pode aparecer convalidando a continuidade do Goberno do PP”.

Comentarios