Protesto en Compostela contra a presenza do rei emérito español

Un forte despregamento policial vixiou a concentración convocada por Causa Galiza

causa galzia monarca español juan carlos

“República galega. Fora o rei español!”. Unha faixa con este lema presidía na mañá desta sexta feira a concentración que tivo lugar na Praza do Obradoiro contra a presenza na capital galega do rei emérito, Juan Carlos de Borbón. Unha decena de persoas secundaron o protesto de Causa Galiza, segundo os convocantes, que estiveron en todo momento vixiados por un dispositivo policial que chegou a ser de 25 axentes. As persoas concentradas estiveron por espazo dunha hora coreando palabras de orde contra a presenza do rei emérito e en defensa da independencia. 

Con este acto, Causa Galiza quixo mostrar o seu rexeitamento a Juan Carlos de Borbón, “a máxima expressom da fraude histórica conhecida como Transición Española, que possibilitou a transformaçom pactuada da velha Ditadura Militar numha democracia tutelada que impunha a Unidad de España, negava o direito democrático de autodeterminaçom às naçons galega, basca e catalá, assegurava a impunidade de repressores e genocidas e, sobretodo, garantia e perpetuava os privilégios da oligarquia española”.

Comentarios