As protestas en prol da sanidade pública levan Feixoo a saír dun mitin escoltado pola Garda Civil

O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, protagonizou un movido acto electoral na localidade de Verín 
Feixoo en rolda de prensa (Xunta)
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo

O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, protagonizou un movido acto electoral na localidade de Verín. O que prometía ser un mitin máis para o candidato á reelección, tornou nunha protesta cidadá con sustento na sanidade e os intentos de peche do paridoiro local que fixo que Feixoo tivese que abandonar o acto escoltado polas Garda Civil.

A finais do ano 2019 a Xunta anunciaba o peche do pardoiro de Verín, que tivo que reabrir ante a presión popular poucas semanas náis tarde. Hoxe, a cidadanía lembroulle a Feixoo que non esquece cunha multitudinaria "cacerolada" que levou a que o presidente en funcións saíse do campo de fútbol onde se desenvolveu o mitin escoltado polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado entre consignas en defensa da sanidade pública.

Comentarios