Irrompen no mitin de Rueda en Moraña para protestar contra a burbulla eólica

Durante un acto de campaña esta sexta feira na localidade de Moraña (comarca de Caldas), o líder do PP e presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, daba un mitin co candidato popular á Alcaldía morañesa, Sito Gómez, cando un grupo de persoas da plataforma Amil sen eólicos, irrompeu no acto para protestar contra a "depredación" eólica no concello.
Protesta de Amil sen Eólicos en Moraña (Foto: Amil sen Eólicos).
photo_camera Protesta de Amil sen Eólicos en Moraña (Foto: Amil sen Eólicos).

De novo, o Partido Popular da Galiza tivo que enfrontar protestas durante un acto de campaña de cara ás eleccións municipais do 28-M.

Durante un acto de campaña esta sexta feira na localidade de Moraña (comarca de Caldas), o líder do PP e presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, daba un mitin co candidato popular á Alcaldía morañesa, Sito Gómez, cando un grupo de persoas da plataforma Amil sen Eólicos, e de Alarma na Terra de Montes e o Colectivo do Vento irromperon no acto para protestar contra a "depredación" eólica no concello.

De feito, esta asociación leva alertado nos últimos tempos do maltrato por parte das promotoras eólicas a patrimonio como petróglifos ou pedras singulares que se “desleixa” para instalar os aeroxeradores.

Patricia Gamallo, de Amil sen eólicos, atendeu Nós Diario para tratar esta acción. Gamallo asegurou que “vén Rueda aquí a dar o mitin cando seguen sen contestarnos desde patrimonio e se está atacando o noso patrimonio”.

“O outro día, o conselleiro Francisco Conde fixo unhas declaracións na Cadena Ser dicindo que estaban buscando unha nova localización para un muíño porque hai petróglifos onde tiñan previsto instalalo. Non entendemos como pode dicir iso na radio e non nos nolo di a nós. Se non escotamos iso na radio non nos enteramos de nada”, aseverou Gamallo.

CRTVG

Con todo, esta non é a primeira vez nesta campaña que o PP enfronta protestas durante un acto. No inicio da campaña en Compostela, na medianote desta sexta feira, Alfonso Rueda, abría a campaña co seu candidato á Alcaldía á capital galega, Borja Verea.

Tal e como informaba este xornal, durante o decorrer do acto, un grupo de persoal da CRTVG irrompía no acto para protestar pola situación no ente público.

Fíxoo baixo consignas como “CRTVG pública e plural” ou “Rueda, escoita, estamos en loita”.

Comentarios