Propoñen á Xunta a participación pública na xestión de Pescanova

O Bloque critica o "silenzo absoluto e preocupante" de Feijóo perante a quebra da empresa galega e instan ao goberno a "garantir a pervivencia de Pescanova" e dos postos de traballo a través da entrada pública no capital e dirección da entidade

 

Carme Adán e Francisco Jorquersa en sede parlamentar
photo_camera Carme Adán e Francisco Jorquersa en sede parlamentar

Fracisco Jorquera e Carme Adán presentaron esta segunda feira unha Proposición non de lei encamiñada á creación dunha comisión de investigación arredor de Pescanova. Para o grupo parlamentar do BNG o Parlamento debe coñecer cal é a situación real que atravesa a empresa así como das axudas públicas percibidas pola empresa ao longo deste tempo. Así pois solicitan que a Cámara constitúa unha comisión de investigación para esclarecer a situación real de Pescanova e as súas filiais.

A través dunha Proposición non de lei @s nacionalistas demandan a creación dunha comisión de investigación e dun Plan de viabilidade que garanta a pervivencia de Pescanova actualmente en concurso de acredores

Para o portavoz parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera, a realidade actual de Pescanova é "un síntoma claro do rotundo fracaso das políticas económicas de Feijóo" e devén "das irregularidades na xestión do seu presidente", dun "proceso de expansión compulsivo e desordenado" mais tamén da desaparición do sistema financeiro galego. Neste senso, apuntan que "malia os erros" Pescanova segue a ser "unha empresa estratéxica para Galiza" polo que "é imprescindíbel evitar o seu despece e a súa venda" asegurou Jorquera. 

Aliás, @s nacionalistas instan ao executivo de Núñez Feijóo a se reunir co Comité de traballadoras e traballadores para redactaren "un plan de viabilidade" que contemple diversas actuacións a prol do mantemento de Pescanova. Neste senso desde o BNG valoran unha posíbel "expropiación parcial" ou da entrada de capital público no seu accionariado. Porén, aclaran, que a asignación de fondos públicos exixiría da entrada do goberno galego tamén na súa xestión. 

Comentarios