Os programas electorais baixo lupa: propostas sobre oito materias chave para o país

Propostas concretas. Iso reclama o electorado comicio tras comicio fronte a choiva de titulares e slogans fabricados polos equipos de campaña. Esmiuzamos os programas electorais das principais forzas políticas cando a carreira cara ao 25S esgota xa as súas últimas 24 horas.

Xornada electoral 21-O
photo_camera Imaxe dun colexio eleitoral durante as últimas eleccións galegas

A principal preocupación dos galegos e das galegas segundo todas as enquisas: o emprego e o desemprego. Na última sondaxe elaborada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), sete de cada dez persoas consideran o desemprego o problema prioritario do país. Que solucións traen os partidos?
 


Despois do paro, a sanidade preséntase coma unha das inquietudes prioritarias entre a xente do país. Mobilizacións e protestas ao longo da última lexislatura dan boa conta da importancia que lle outorga o electorado ao capítulo sanitario. Eis algunhas das propostas e compromisos das forzas políticas nesta materia:


Que competencias debe xestionar directamente Galiza? Cal é o modelo territorial, o encaixe do país con respecto o Estado español? Que medidas propoñen os partidos este 25S para avanzar ou retroceder no autogoberno?
 


Un dos temas recorrentes en campaña electoral. O ensino como materia pendente para as forzas políticas. Igual que na sanidade, os programas dos partidos que concorren ás eleccións galegas presentan dous modelos contrapostos para a educación en Galiza. 


O agro, o leite e a gandaría, a política forestal... Que proxectos para o medio rural teñen os partidos políticos? Que propostas para poñer fin a crise dos seus sectores produtivos?



Do campo ao mar. Outro dos sectores fundamentais da economía galega, a pesca e o marisqueo, que reclama solucións aos paulatino descenso da frota e da actividade no país. Aquí algunhas das respostas que ofrecen os partidos para os próximos comicios autonómicos:


O aumento da pobreza durante os últimos anos de crise económica situou as medidas para combater a exclusión no centro do debate político. Desafiuzamentos, cortes de suministros básicos, o funcionamento dos servizos sociais e os trámites para prestacións e axudas. Que propoñen contra a pobreza?


E como non a corrupción, tan presente nos discursos desta campaña. Medidas de transparencia e participación cidadá, incompatibilidades e códigos éticos. Como pretenden poñer fin a lacra da corrupción?
 


Preme no logo de cada partido para ollar os programas completos:

Image Map

Comentarios