Problemas técnicos impiden a difusión dos vídeos do #SermosDebate

Problemas de carácter técnico, polos que pedimos desculpas, estiveron na raíz da non emisión en streaming do debate e impiden agora a difusión dos vídeos-resumo do encontro dialéctico.

Deficiencias técnicas -polas que pedimos desculpas- frustraron a emisión ao vivo do #SermosDebate -realizado esta segunda feira coa participación de Nós Candidatura Galega, En Marea e PSdeG- e impiden agora tamén a difusión dos vídeos que recollían o confronto dialéctico entre as candidatas Carme Adán, Yolanda Díaz e Pilar Cancela.

A análise do que deu de si este #SermosDebate -un debate aberto, galego, plural e sen exclusións- será un dos temas sobre os que se debruce especialmente o semanario Sermos Galiza, na súa edición 175, a saír do prelo esta quinta feira 10 de decembro.

Comentarios