Dados de participación en Catalunya: case 7 pontos máis que en 2012

[ACTUALIZACIÓN ÁS 18.29] Mobilización masiva do eleitorado nas eleccións con máis carga política e simbólica da historia de Catalunya.

Filas
photo_camera Filas perante un colexio eleitoral [NacióDigital]

En 2012, a participación a estas horas nas eleccións ao Parlament de Catalunya estaba no 56,30%, mentres que neste 27S, a porcentaxe acada o 63,14%, un aumento de case 7 puntos, tal e como amosan os datos fornecidos pola Generalitat.

Os primeiros datos de participación, das 13h, xa apuntaban a esta tendencia, pois ás 13h, rexistrábase unha participación do 35,07% nas presentes eleccións, case 6 puntos máis que no 2012, cando estaba no 29,43%.

Estes datos indican que os blocos en disputa -o unionista e o independentista- están a mobilizar os seus respeitivos eleitorados.

Os dados de participación por provincias estarían así.

Barcelona: 2012, 56,58%; 2015, 63,21%.

Girona: 2012, 59,14%; 2015, 65,34%.

Lleida: 2012, 54,03%; 2015, 61,07%.

Tarragona: 2012, 52,96%; 2015, 61,89%.

Toda a información na páxina eleitoral da Generalitat de Catalunya.

Comentarios