sábado 08/08/20
Barómetro

O primeiro CIS postelectoral mantén a foto do 10N

BNG mantén a intención de voto, o mesmo co resto de formacións que rexistran apoios idénticos ou semellantes aos obtidos nas últimas eleccións. O voto ás formacións da esquerda superan en case 4 puntos ao que obterían as da dereita.

Votacións 10N. Eleccións estatais. (EP)
Votacións 10N. Eleccións estatais. (EP)

De haber elección agora, repetiríase a foto dos comicios do 10N: esa é unha das conclusións que poden extraerse do Barómetro do CIS que se publicou esta quinta feira, o primeiro após aquela cita electoral. As diferentes formacións ou obterían os mesmos resultados ou rexistrarían unha pequena variación.

Así, PSOE obtería 28,3%, apenas 3 décimas máis que o 10N; PP moveríase en 20% e Vox en 15%, niveis como os que obtiveron hai dous meses. O mesmo acontece con Unidas Podemos: agora terían 12,8% dos sufraxios e o 10 de novembro rexistraron 10,9%.

O BNG, segundo este Barómetro, obtería a nivele statal un 0,5% dos apoios, porcentaxe idéntica á que acadou na última cita electoral e que lle reportou un deputado. ERC manteríase en 3,6%, a mesma que o 10N.

Un dato a ter en conta é que na Galiza o que marca a axenda é a cuestión económica e non, como acontece noutros territorios, a preocupación con Catalunya. Máis da metade das galegas e galegos repostan á pregunta de cal é para eles o principal problema apontando ao paro (38,4%), a situación económica (10%) ou as pensións (4,6%). Entre as tres suman 53%.

Só 2% das galegas entrevistadas para este barómetro indicaron que mudaron o seu voto polo que estaba a acontecer naquela altura coa ‘cuestión catalá’.

comentarios