Presidente do PP da Rioxa: "Desexamos que Feixoo dea o paso adiante"

Para José Ignacio Ceniceros, o presidente da Xunta é "a vía de solución".
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na sesión de control desta cuarta feira. (Foto: Álvaro Ballesteros/Europa Press)
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na sesión de control desta cuarta feira. (Foto: Álvaro Ballesteros/Europa Press)

Nova mostra pública dun alto cargo do Partido Popular (PP) instando a Alberto Núñez Feixoo a que asuma a presidencia estatal da formación política. Neste caso, do presidente do PP da Rioxa, José Ignacio Ceniceros, quen asegurou que a "maioría de presidentes do PP e das organizacións territoriais desexan que Feixoo dea o paso adiante".

Ceniceros atendeu os medios de comunicación ni Parlamento da autonomía, onde hoxe se estaba a desenvolver unha sesión plenaria.

O presidente territorial do PP recoñeceu estar a vivir "con moita preocupación" a crise do PP, que lle fixo "atender a numerosos alcaldes e afiliados que estaban a chamar", e intentar "pór serenidade". Para o barón popular, "non "estamos acostumados ao que pasou".

O dirixente afirmou que leva 40 anos no partido e "non recordo dunha crise como esta, quizais en 1986, pero non ten nada que ver con esta", polo que di alegrarse de que coa posíbel candidatura do actual presidente da Xunta "hai unha vía de solución, estamos contentos porque pódese arranxar".

"Responsabilidade" de Pablo Casado

Para Ceniceros, a decisión do aínda hoxe presidente do PP estatal, Pablo Casado, de convocar a Xunta Directiva Nacional e o XX Congreso Extraordinario do Partido Popular é un exemplo de "responsabilidade".

O presidente territorial do PP na Rioxa asegurou que o líder dos populares "contou sempre co cariño lealdade e respecto" tanto del mesmo como da organización rioxana, pero que a formación política estaba nunha situación na que "todos perderon, tanto os militantes do partido como os afiliados".

"Temos que deixar de ser parte de conflito, e converternos en parte da solución", engadiu o presidente do PP na Rioxa, "e iso imos facelo desde o Partido Popular tomando as decisións necesarias".

Comentarios