O presidente do Parlamento galego súmase á moda do “madrigalego”

Santalices enxalzou a figura da escritora Emilia Pardo Bazán, unha " madrigallega" que "se adiantou ao seu tempo"

santalices pardo bazán
photo_camera Homenaxe esta quinta na tumba de pardo Bazán, en Madrid

Se hai uns días o alcalde de Madrid, Martínez Almeida, usaba o termo “madrigalego” agora é o presidente do Parlamento da Galiza quen colle o relevo no uso do ‘concepto’.

Miguel Ángel Santalices enxalzou a figura da escritora Emilia Pardo Bazán, unha " madrigalega" que "se adiantou ao seu tempo" ao expor debates que un século despois da súa morte permanecen vixentes, como a igualdade entre homes e mulleres.

Estas palabras proceden da intervención do presidente do Lexislativo galego en Madrid, onde esta quinta feira participou na ofrenda floral da Basílica da Concepción, na que repousan os restos da escritora.

Durante o acto, organizado por asociacións galegas na capital do Estado para  conmemorar o 100 aniversario da morte da literata e que se encadra na Semana Xacobeo 21 de Madrid, Santalices agradeceu o tributo a  Pardo Bazán, unha "galega universal" que tamén é "madrigalega".

Comentarios