O BNG aos presidentes de Adif e Renfe: "Hai présa en sinalar un culpábel" e "houbo présa en inaugurar o tramo"

Os presidentes de Renfe, Julio Gómez-Pomar, e Adif, Gonzalo Ferre, compareceron na comisión de Fomento para falar do sinistro ferroviario de Angrois. Pomar considera "fundamental" ter en conta que a liña non era Alta Velocidade. BNG e IU exixiron comisións de investigación para esclarecer o sinistro

Feijóo, Ana Pastor e dous conselleiros na inauguración dunha liña de tren.
photo_camera Feijóo, Ana Pastor e dous conselleiros na inauguración dunha liña de tren.

Os presidentes de Renfe e Adif comparecen no Congreso dos Deputados polo sinistro de Angrois, a maior traxedia ferroviaria de Galiza, con 79 mortos. O mandatario de Adif, Gonzalo Ferre, insistiu en que en todas as alternativas de trazado da liña ferroviaria nese punto do accidente incluían a curva da Grandeira, e que ningunha institución presentou alegacións neste tema. Tamén apuntou a que a  vía onde circulaba o Alvia sinistrado foi revisada o 20 de abril.

Mais Gonzalo Ferre tamén recoñeceu que nun primeiro momento estaba previsto que o sistema ERTMS (que tería evitado o accidente, segundo sinalaron maquinistas e o propio Ferre após o accidente) chegarse até a estación de Compostela, e non ata 4 quilómetros antes. 

De feito, esa vía, afirmou Ferre, estaba prevista que esa liña fose de alta velocidade até que en 2010 se decidiu que fose convencional. 

Protexer o AVE

Pola súa parte, Gómez-Pomar quixo que ficase claro para entender o sinistro que a liña de Ourense a Compostela non é Alta Velocidade. Algo que contradí ao que Fomento e apropia Renfe mantiñan en decembro de 2011, na inauguración do tramo.

BNG e Esquerda Plural solicitan a creación dunha comisión de investigación para esclarecer o sucedido en Angrois o 24 de xullo.

"Non dicir nada novo"

Na súa quenda de intervención, a deputada nacionalista Rosana Pérez denunciou "a présa en sinalar unha causa única e un único culpábel". Preguntou por que que no tramo Ourense- Santiago o sistema ERTMS funciona nos trens Avant, mais non está homologado nos Alvia e considera que fica claro que "houbo moitas présas para inaugurar ese tramo".

A parlamentar do BNG tamén preguntou aos presidentes de Renfe e Adif se consideran que os recortes presupuestarios, os EREs e as penalizacións salariais no caso de retrasos influen nos accidentes.

Responsabilidades políticas

Pola súa banda, Izquierda Unida e Esquerda Plural incidiron no engano de que se vendese como Alta Velocidade o que non etra tal, e inciden en que hai responsabildiades políticas. 

Comentarios