Rubén Cela: "Presentan os agredidos como agresores"

Falamos con Rubén Cela, que ten aberto un expediente administrativo e paralelamente unha vía penal a raíz da mobilización popular en Compostela contra a visita de Merkel en agosto. "Entre o que pasou ese día na manifestación e o que se conta nos partes policiais hai un abismo".

Rubén Cela
photo_camera Rubén Cela

- Como lembras aquel 26 de agosto, día que segundo a versión policial semella que Compostela foi escenario dunha perigosa manifestación e de graves feitos...

- Merkel visita oficialmente Galiza acompañada por Mariano Rajoy, visita que se produce nun contexto en que o pobo galego está a sofrer as consecuencias das políticas austericidas impostas pola Troika e comandadas pola propia Merkel, sendo aplicadas no Estado por Rajoy e en Galiza por Feijóo. Perante isto, un grupo de cidadáns decidiron de xeito pacífico amosar o seu rexeitamento a ese modelo, a esas políticas (...). 

- O secretario de Organización Bieito Lobeira afirmaba, a respecto deste caso, que con estas denuncias e medidas "ao BNG non lle van calar a boca" 

- Totalmente de acordo. Ao BNG non lle van calar a boca, seguiremos a ser a voz dos máis desfavorecidos e defendendo este país. Desde logo non nos van amedrentar e imos seguir a dar a cara na rúa. Nin multas, nin porrazos nin procedementos administrativos ou penais van calar ou frear o BNG, non imos recuar nin dar un paso atrás, nunca o fixemos no nacionalismo. Temos moi claro que hoxe é máis necesario ca nunca mobilizarse.

- É esa Lei de Seguridade Cidadá o marco no que se debe interpretar estas sancións? 

- Queren intimidar, mandar aviso a navegantes mediante castigos exemplarizantes. Desde o poder queren seguir a lexislar contra a maioría social como están lexislando...mais coa xente caladiña e na casa. E iso non o podemos permitir, hai que defender a democracia e a liberdade de expresión.

Entrevista completa no Sermos Galiza n128, desde esta quinta feira nos quioscos e na nosa loxa.

Comentarios