“Preocúpanos que o presidente da Xunta non defenda os intereses galegos ante Fomento”

O BNG lamenta a “submisión” de Feijóo “ao ditado de Madrid” que se evidenciou, indica, na xuntanza co ministro de Fomento. 

Luis Bará
photo_camera Luis Bará

O portavoz de ordenación Territorial  e deputado do BNG, Luís Bará, lamentou a “pasividade” de Núñez Feijóo ante a negativa do estado a traspasar o AVE e a nova de que o AVE a Galiza ía ter máis un novo retraso. Para Bará, as conclusións trala reunión de Feijóo co ministro de Fomento, Iñigo de la Serna confirman un “novo incumprimento” das promesas do presidente galego. “Feijóo mantén unha posición de submisión ao ditado do goberno de Madrid  e contra os intereses de todos os galegos e galegas”, afirmou o nacionalista.

Na práctica, considera Luís Bará, o ministro de Fomentofechou a porta á transferencia da AP-9 e confirmou o retraso da alta velocidade a Galiza, para alénde considerar “papel mollado” o acordo unánime no Parlamento galego para conseguir unha AP-9 libre de abusivas peaxes.“Preocúpanos que o Presidente da Xunta non defenda os intereses e reclamacións galegas ante o ministro de Fomento”, reitera o deputado nacionalista.


 

Comentarios