Preguntan á Comisión Europea pola “vulneración de dereitos” na ilegalización de Causa Galiza

A pregunta foi rexistrada esta quinta feira por 'Os Pobos deiden', a coligazón europea da que fan parte BNG e EH Bildu.

operacion jaro 2
photo_camera Unha detención no marco da Operación Jaro

A 'Operación Jaro', operativo da Audiencia Nacional que decorreru vai para un ano e procedeu á detención de 9 independentistas e á ilegalización de facto da organización política Causa Galiza, chegou esta quinta a Bruxelas. 'Os Pobos deciden', a marca coa concorreron ás eleccións europeas de 2014 o BNG e EH Bildu, canda outras formacións, rexistrou esta quinta feira unha pregunta dirixida á Comisión Europea. O escrito está asinado por Jon Juaristi quen ocupa esta quenda o escano comunitario que partilla con Ana Miranda.

Na pregunta explícase como o 30 de outubro de 2015 “foron asaltados os domicilios de 9 militantes de Causa Galiza”, que foron detidos polas forzas de seguridade. Un ano despois, a organización está ilegalizada e os nove independentistas agardan polo xuízo. No texto fálase de que o “vulneración de dereitos humanos e garantías legais” en todo o procedemento mobilizou axentes políticos, sociais e sindicais galegos contra esa ilegalización e pola fin do proceso.

Juaristi afirma que hai un “grave déficit democrático” no Estado español que ten a súa expresión en medidas e decisións como, entre outras, a ilegalización e suspensión de organizacións políticas, o que constitúe para o eurodeputado unha vulneración da Carta dos dereitos fundamentais de Europa. Por iso, pregunta á Comisión Europea se ten coñecemento do acontecido con Causa Galiza e da vulneración da manecionada carta europea.

Comentarios