Prado: “O 90 % que ten o Estado en Novagaliciabanco debería transformarse en control público galego desa

O Bloque Nacionalista Galego defende a opción de que o 90 por cento das accións que ten o Estado en Novagaliciabanco se transforme en control público galego desa entidade, explicou en conferencia de imprensa a secretaria de Organización do BNG, Montse Prado.

Remarcou que Euskadi e Catalunya deron retido control público sobre o sistema financeiro. Galiza, non. O responsábel diso é o presidente do Goberno galego, quen autorizou a bancarización da caixa resultante da fusión, enfatizou Montse Prado, quen chamou a Feijóo “O grande escaqueador” por non asumir as súas responsabilidades e renunciar ao seu papel de tutela sobre o sistema financeiro galego.

Perguntada sobre as declaracións realizadas onte por Feijóo verbo de Bankia, dixo: “Non coñecemos a día de hoxe ningunha proposta concreta do señor Feijóo sobre Novagaliciabanco. Non a ten. O BNG, si. Chámase Banca Pública Galego. Reitero aquí o emprazamento que fixo onte o portavoz nacional a PP e a PSOE para que se pronuncien sobre a nosa proposta”.

A secretaria de Organización manifestou con clareza que o BNG se opón a que se inxecten recursos públicos para “salvar a banca privada”. “Somos partidarios doutro modelo, de que eses recursos se destinen para exercer o control público desa banca”.

Comentarios