PPdeG realizará o seu congreso o vindeiro mes de xaneiro

Dáse por feito que Alberto Núñez Feijóo será reelixido como presidente nun congreso que se prevé libre de tensións

O 19 e 20 de xaneiro serán con probabilidade as datas en que o Partido Popular desenvolva o seu XV Congreso Autonómico. Nel procederase a renovar os organismos de dirección e facer balance dos últimos anos. A recente vitoria electoral, con que malia perder cento trinta mil votos anovaron por catro anos máis a súa maioría absoluta, marcará un debate que a priori se prevé libre de tensións, como xa sucedera en 2009.

No cónclave popular todo apunta que Alberto Núñez Feijóo será reelixido como presidente do partido en Galiza. Despois do congreso autonómico terán lugar os locais e provinciais “onde as direccións o estimen pertinente”, segundo declarou Alfonso Rueda.

Comentarios