O PPdeG disposto a apoiarse en Vox para “recuperar” concellos

O secretario xeral do Partido Popular de Galiza, Miguel Tellado, aponta un mesmo obxectivo: “Desaloxar o populismo das alcaldías”.

tellado feixoo

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, mostrouse disposto a apoiarse en Vox para recuperar gobernos municipais en concellos en Galiza, nunha refrencia centrada nomeadamente nas cidades. Vox presentou nestas municipais candidaturas en 13 concellos galegos..

Nunha entrevista na Cadea Ser Galicia Tellado recoñeceu que, por exemplo, no caso de Compostela, non rexeitarán a axuda de “forzas políticas” como Vox se apoian o PP. “Eu creo que non deberiamos renunciar a eses apoios”, dixo o secretario xeral do PPdeG, pois considera que partillan un mesmo “obxectivo: desaloxar o populismo da alcaldía”.

Porén, Tellado preferiu facer fincapé na necesidade de que o voto da dereita se unifique no Partido Popular, seguindo así na liña que Núñez Feixoo mantén estes días nos actos electorais do PP. “Debemos unir o voto de centro dereita nun proxecto político moderado, reformista e constitucionalista”.

Ademais, e tamén seguindo outra liña marcada por Feixoo, na entrevista na cadena Ser Tellado sitúa o BNG e Podemos como extremistas, ao mesmo nivel que Vox. E aí di que o PP non fará alcalde a ningún candidato desas tres forzas, instando o PSOE a facer o mesmo.

Comentarios