Comeza a campaña

O PP xoga todo ao escano 38

Esta noite, ás 0.00 horas, dá comezo a campaña eleitoral. No Sermos212, xa nas rúas, publicamos unha tripla páxina con todas as chaves sobre o que irá acontecer na carreira cara ao 25S. Eis un avanzo do texto.

Feijóo durante o acto de Balance do Goberno do PPdeG na Xunta en Castro de Rei (Lugo)
photo_camera Feijóo, durante a precampaña

O alto mando do PP xa tomou unha decisión: a estratexia da formación conservadora é gañar a maioría absoluta o 25 de setembro coas súas propias forzas, sen agardar, portanto, a que Ciudadanos meta a cabeza no Hórreo. O PP fíao todo ao escano 38. Mentres, na oposición, só o BNG pide un novo marco político para a Galiza, en tanto que PSdeG e En Marea disputan o espazo socialdemócrata e galeguista.

O BNG, a única das forzas parlamentares que pon en cuestión o marco xurídico e pide máis poder para Galiza

Esta quinta feira ás 24 horas, ou sexta ás 00 horas, dá comezo a campaña eleitoral para o Parlamento da Galiza, a terceira con Núñez Feijóo como candidato e a primeira para as outras tres persoas que aspiran a presidir a Xunta da Galiza: Leicega polo PSdeG-PSOE, Villares por En Marea e Ana Pontón, a única muller, polo BNG. Tamén está Cs, mais esta formación non tivo presenza no Hórreo na pasada lexislatura e os inquéritos sitúana fóra da cámara galega.

mini

A campaña  galega vai ter debruzada sobre ela máis focos do que de costume. En Madrid os headquarters das forzas políticas estatais escrutarán o 25S os resultados das galegas e das vascas cunha avidez sen precedentes. Talvez do seu desenlace se podan extraír as chaves que desbloqueen o taboleiro político estatal, o Congreso dos Deputados español pendurado no ar da ingobernabilidade após o corpo eleitoral ter sido consultado até en dúas ocasións, o 20 de decembro de 2015 e o pasado 26 de xuño.

A íntegra desta reportaxe aparece no Sermos212, disponíbel nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.

Comentarios