O PP suspende a votación no Pleno e materializa o seu veto a Besteiro como senador

Malia o acordo inicial na Xunta de portavoces a forza maioritaria da Cámara paralizou o proceso.

Esta segunda feira estaba prevista a votación parlamentar pola que se aprobaría a renovación dunha das cadeiras coas que conta Galiza no Senado español. 

Segundo o acordo alcanzado na última Xunta de portavoces sería José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG-PSOE, quen substituíse por designación parlamentar a Paula Fernández Pena. 

Porén, o Partido Popular suspendeu a sesión extraordinaria apelando a un aprazamento da orde do día. Un mecanismo co que materializou o seu veto a Besteiro. 

No cerne do conflito o nomeamento de Xoaquín Fernández Leiceaga como integrante do Consello de Contas, órgao tamén pendente de renovación, embora desde o grupo parlamentar socialista sinalaren o "interese deliberado" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, por impedir a designación de Besteiro polo "pánico" que, din, sente cara ao secretario xeral do PSdeG. 

Comentarios