O PP só obtería na Galiza o apoio de un de cada seis electores nas eleccións europeas

Malia ser cociñado a prol do bipartidismo, un inquérito de Sondaxe apunta a un escaso apoio ao partido gobernante en términos absolutos e tamén que as forzas parlamentares de oposición superarán en votos á formación de Feijóo.

papeletas eleccións
photo_camera Papeletas eleccións.

Goberna o PP con ampla maioría absoluta tanto nas institucións autonómicas como nas estatais, pero en realidade o seu apoio real está moi lonxe de corresponderse con tanto poder. Esas graves contradicións democráticas adquiren unha faciana case escandalosa ante as eleccións europeas do proximo 25 de maio, nas que segundo unha enquisa de Sondaxe -La Voz de Galicia- só un de cada seis galegos e galegas con dereito a voto pensan apoiar ao partido que acapara case todo o poder.

Así mesmo, o inquérito sinala que o total dos votos que reciban as forzas parlamentares de oposición (PSOE, AGE e BNG) superará aos do PP, cun 45,2 por cento por un 44,1. Subiría o voto en branco e apenas terían relevancia as forzas novas ou extra-parlamentares, namentres que seguiría a caída do bipartidismo -malia que a sondaxe está cociñado a prol de PP e PSOE- perdendo máis de doce puntos entre as dúas en comparación coas anteriores europeas. AGE estaría no 9,7 de sufraxios e o BNG no 6,4.

A enquisa apunta a unha abstención de preto do 60 por cento do electorado galego, unha subida do voto en branco e nulo e tamén reflicte as dúbidas de case un terzo d@s votantes.

Comentarios