ALIMENTOS LáCTEOS

O PP rexeita unha comisión de investigación para coñecer como se ‘perderon’ 9 millóns de euros públicos e 100 empregos

A deputada Tereixa Paz reclamou a necesidade de “depurar responsabilidades políticas” pola xestión da empresa e a relación con fondos públicos.

alimentoslacteos

O PP votou contra a proposta de crear unha comisión de investigación para coñecer realmente que aconteceu en Alimentos Lácteos e as responsabilidades subseguintes, pois nesa empresa investíronse millóns de euros públicos. A deputada do BNG Tereixa Paz lamentou o veto popular. A parlamentar considera que a constitución “política” da empresa, a súa xestión e quebra deixando un regueiro de “15 millóns de euros de débedas”, nove millóns de euros públicos “fundidos” e a 100 traballadores da planta sen emprego son razóns “de abondo para investigar o destino das axudas públicas e consecuencias para os titulares das explotacións lácteas”.

Para a deputada, o proxecto foi deseñado dende a Xunta de Galiza co “Sr. Romay Becaría polo medio”. A día de hoxe, engadiu, non sabemos que facía o dirixente popular terzando co señor Pascual para impedir que prosperara a fábrica co outro proxecto presentado”.

Comentarios