O PP rexeita devolver o canon de Sogama cobrado aos concellos

Opúxose á iniciativa presentada polo BNG na que instaban ao re-embolso do gravame.

Sogama

O Partido Popular recusou esta sexta feira (26 de xuño) apoiar unha proposta presentada polo grupo parlamentar do BNG na que se reclamaba a devolución do diñeiro cobrado aos concellos após a suba do canon de Sogama, orixe dun importante conflito entre as corporacións municipais e a Xunta. 

Desde a forza que apoia ao goberno galego rexeitaron a iniciativa e defenderon o modelo de tratamento de residuos que representa a planda de Cerceda, un argumento que retrucou a deputada nacionalista, Ana Pontón, asegurando que “é un proceso altamente contaminante” que emite, entre outras substancias, dioxinas "un produto canceríxeno". 

Aliás, a parlamentar do Bloque advertíu ao executivo de Feijóo que existe un “conflito xudicial” e que ante a posibilidade de abrir a “inconstitucionalidade dunha lei" a Xunta debería rectificar coa suba do canon proposta nos orzamentos do 2014. Porén, o grupo marioritario mantívose na súa posición. 

Comentarios