PP, PSOE e Cs vetan que se investiguen as revelacións de Corinna sobre Juan Carlos I

A Mesa do Congreso aponta á inviolabilidade do monarca español cando aconteceron os feitos.

.
photo_camera .

PP, PSOE e Ciudadanos tombaron a comisión de investigación no Congreso para investigar as revelacións de Corinna sobre o rei emérito, Juan Carlos I. A Cámara baixa non investigará as supostas prácticas ilegais e irregularidades porque cando se produciron os feitos o monarca tiña inviolabilidade. Na mesa do Congreso só Unidos Podemos apoiou esta comisión.

A confesión da presenta amante do monarca apontaba a que este empregábaa como testaferro e que a súa relación tiña motivacións fiscais.

Comentarios