O PP de Pontevedra pide trasladar un petroglifo para construír un campo de fútbol

Afirma que o terreo é “idóneo” para acoller a infraestrutura deportiva. O goberno local desbota ese emprazamento.

petroglifos de salcedo Imaxe de Terras de Pontevedra
photo_camera Imaxe de Terras de Pontevedra

O partido Popular de Pontevedra presenta unha moción para que se traslade o patroglifo rupestre atopado hai uns meses en Cabanas, na parroquia de Salcedo e poder construír aí un campo de fútbol. Os populares instan o Concello a que solicite á Xunta o permiso que permita ese trasladado e así “salvagardar o valor” do petroglifo. Unha operación que xustifican en que o terreo onde se atopa este xacemento é “idóneo” para acoller a infraestrutura deportiva, pois está perto do núcleo principal da parroquia de Salcedo. Para os populares, o campo de fútbol é prioritario por mor do seu interese social.

O goberno local, porén, desbotou construír nesa zona o campo de fútbol, apostando en tomar medidas para poñer en valor o xacemento. O executivo municipal acadou un acordo coa comunidade de montes para facer o campo de fútbol no antigo campo de tiro do cuartel da Brilat. 

Comentarios