O Partido Popular perdería as eleccións na Galiza

O primeiro barómetro do CIS após a conformación do Goberno español indica que o PP perdería a condición de forza máis votada na Galiza de haber agora eleccións estatais.

Votantes nun colexio de Compostela nas últimas eleccións xerais de 2019 (Europa Press)
photo_camera Votantes nun colexio de Compostela nas últimas eleccións xerais de 2019 (Europa Press)

O PP perderías as elección na Galiza. O primeiro barómetro do CIS após a conformación do novo Goberno español mostra ás claras que as populares non repetirían a vitoria que obtiveron o 10 de novembro, cando foron a opción máis votada no noso país con 31,9% dos apoios nas urnas

Segundo a sondaxe publicada esta quinta feira, en voto máis simpatía, o PSOE gañaría as vindeiras eleccións estatais na Galiza cun 30,4% dos votos; seguido do Partido Popular, con 22,7%; Unidas Podemos, cun 9,3%; BNG, con 6,7%; Vox, con 3,1%, e Ciudadanos con 3,6%.

A mostra non ofrece resultados de estimación de voto para Galiza, o que impide unha comparativa precisa cos resultados dos comicios de novembro. É, pois, moi complicado extrapolar este resultado a unhas eleccións galegas.

Estado

A nivel estatal hai un aumento na estimación de voto cara ás dúas forzas que fan parte da coalición de Goberno. O PSOE obtería 30,4% dos votos, catro puntos máis que nos comicios de novembro; e Unidas Podemos atinxiría 13,8%, un punto máis que daquela.

PP, Ciudadanos e Vox perderían apoios nas urnas, segundo este barómetro. Partido Popular obtería 19,9% mentres que en novembro lograra 20,8%; Vox baixa até 13,4% (tivera o 10N 15,09%) e Ciudadanos atinxiría 6,5% (lograra 6,7%).

 ERC aumentaría en votos, pasando de 3,6% a 3,9%, mentres que JxCat sufriría un importante retroceso (de 2,19% dos votos a 1,4%). A CUP manteríase en 1%. As forzas nacionalistas e independentistas vacas aumentarían en apoios: PNV atinxiría 1,6% e EH Bildu 1,3%.

Más País baixaría de 2,08% a 1,8%. 

Comentarios