O PP perde a Alcaldía de Fene, que pasa ao BNG

Juventino Trigo pasa ser o novo alcalde ao ser aprobada a moción de censura presentada por nacionalistas, PSOE e Esquerda Unida

o NOVO ALCALDE RECIBE FELICITACIÓNS AO FINALIZAR O PLENO (iAGO vARELA)
photo_camera Juventino Trigo é parabenizado por veciños e veciñas finalizado o pleno extraordinario. (Iago Varela)

Juventino Trigo (BNG) volve á Alcadía de Fene. O rexedor nacionalista  fora despoxado do bastón de mando en 2018 por unha moción de censura presentada polo PP e Somos Fene, unha marea local desautorizada por En Marea. Nas eleccións de 2019, o BNG atinxía 6 representantes, os  mesmos que PP, PSOE lograba 4 e Esquerda Unida 1. A Alcaldía fora parar o candidato popular, Gumersindo Galego.

Esta sexta feira, a moción de censura presentada por BNG, PSOE e EU saíu adiante no pleno extraordinario e afastou do poder a Gumersindo Galego, ao que a até agora oposición responsabilizaba de dirixir “un goberno agónico, sen orientación, sen apoio interno nin externo e cunha xestión moi negativa para o pobo de Fene". “Parou en seco a actividade e xestión administrativa", e "foi incapaz de impulsar actividades e proxectos máis aló do que viña facendo por inercia", denunciaban.

A moción de censura saiu adiante con 9 votos a favor e 6 en contra. O novo alcalde prometeu o cargo "por imperativo legal" e apelou a traballar para "a rexeneración política de Fene. 

 

Comentarios