O PP pagou á empresa de Pachi Lucas máis de 25 mil euros nas eleccións de 2009

O grupo parlamentar socialista destapou este dado a partir do informe elaborado polo Consello de Contas. 

Destart
photo_camera Destart

Segundo recolle o informe elaborado polo Consello de Contas en relación ás eleccións ao Parlamento de Galiza en 2009 o Partido Popular pagou máis de 25 mil euros á empresa de publicidade Disart 4 SL da que é presidente Francisco Ramón Lucas Blanco, o "conseguidor" da Operación Zeta. 

Os dados foron feitos públicos pola deputada do PSOE, Mari Sol Soneira, quen tamén avanzou que o seu grupo parlamentar presentará unha batería de preguntas na Cámara lexislativa para exixir "explicacións" ao presidente da Xunta fronte ao que tildan como "corrupción sistémica" do Partido Popular. 

Distart recibiu 25.583,8 euros como proveedor do Partido Popular

Distart foi contratada como proveedor polo Partido Popular durante a campaña electoral polo que percibiu 25.583,8 euros. Neste senso e de acordo coas informacións vertidas polo sumario da investigación na que Pachi Lucas aparece como imputado, o pagamento coincide co período en que o empresario madrileño tería exercido o papel de nexo entre a cúpula do Partido Popular e a trama empresarial que obtivo importantes subvencións por uns cursos de formación pantasma.

Feijóo "o punto onde converxe todo"

Desde o PSdeG-PSOE Feijóo "ten que dar explicacións xa" pois el propio é, afirmou Soneira, "o punto onde converxe todo". Cumpre lembrar que Pachi Lucas e Núñez Feijóo manteñen unha íntima amizade desde hai anos. Ambos os dous foron vistos en numerosas ocasións nas praias de Bueu e tamén na praza de touros de Pontevedra. 

Para a deputada socialista a negativa do mandatario galego a responder ás preguntas que se lle formulan neste senso evidencian que "non quere que se coñeza a verdade" como tampouco o quixo no escándalo de Marcial Dorado. Neste senso, o PSdeG exixe a reactivación da Comisión parlamentar de Estudo contra a Corrupción "para analizar as múltiples irregularidades que salfiren o PP, a Xunta e o seu presidente". Un líder, acrecentou, que se prensenta como "loitador implacable contra a corrupción pero agocha os contratos do narcotraficante Marcial Dorado co Sergas, ou a documentación solicitada sobre nepotismo no Igape". 

Comentarios