O PP muda o portavoz na Coruña: Será Miguel Lourenzo

O presidente do PP local da Coruña, Miguel Lorenzo, tomou posesión esta quinta feira como concelleiro na Coruña. Fíxoo nun pleno ao que asiste, por última vez, a edil da Marea Atlántica Claudia Delso.

En primeiro termo, Miguel Lourenzo (Imaxe: PP)
photo_camera En primeiro termo, Miguel Lourenzo (Imaxe: PP)

Tras a súa toma de posesión, o tamén candidato do PP á Alcaldía da Coruña recibiu as felicitacións da alcaldesa, Inés Rei, e dos demais representantes dos grupos municipais.

O senador e presidente do PP da Coruña, que é irmán do actor Francis Lorenzo, volve así ao concello, do que xa formou parte entre 2007 e 2019 tanto como concelleiro na oposición como con responsabilidades de Goberno á fronte da Concellería de Servizos Sociais.

A súa toma de posesión tivo lugar nun pleno ao que asistiu por última vez como edil Claudia Delso (Marea Atlántica) tras comunicar a súa decisión de renunciar á acta por motivos persoais, tras unha oferta de traballo en Barcelona, e políticos.

A até hoxe concelleira -que abandonou xa o pleno antes do inicio do debate das mocións- recibiu os eloxios por parte dos demais membros da corporación local, coincidindo todos eles en destacar a súa capacidade de diálogo.

A portavoz da Marea Atlántica, María García, resaltou o seu labor como edil de Participación Cidadá na etapa de Goberno do partido, así como os cambios promovidos entón como a implantación do 'escano cidadán'.

Delso, pola súa parte, incidiu en que queda coas cuestións positivas da súa etapa no consistorio.

Teleperformance

O pleno comezou gardando uns minutos de silencio polas vítimas de violencia de xénero e, posteriormente, coa lectura dunha declaración institucional en apoio ao persoal de Teleperformance polo traslado a Colombia da maior parte do servizo de atención ao cliente de Unión Fenosa Distribución, do grupo Naturgy.

Na lectura da declaración, a alcaldesa, Inés Rei, incidiu en que "máis dun 80%" deste servizo será atendido por "persoal de Colombia". "Perdéndose máis de 90 postos de traballo", asegurou, aludindo, ademais, á perda de calidade no servizo.O presidente do PP local da Coruña, Miguel Lorenzo, tomou posesión esta quinta feira como concelleiro na Coruña. Fíxoo nun pleno ao que asiste, por última vez, a edil da Marea Atlántica Claudia Delso.

Comentarios