“Somos galegos e somos españois”, comezaba a mensaxe do PP galego en twitter, en perfecto castelán, “así que feliz Día da Hispanidade a todos e en especial aos nosos compañeiros do BNG e de Anova, que hoxe se sentirán moi afortunados de pertencer a este gran país”. O partido publicou o chío case ás dez da mañá e retirouno horas despois.
Xusto este 12 de outubro en que a Xunta iluminou a fachada da súa sede en San Caetano cunhas fantasmagóricas proxeccións da bandeira española, Feixoo asistiu ao desfile militar en Madrid en que un paracaidista do exército español que portaba outra bandeira tropezou no seu descenso cunha farola e quedou pendurado dela. A imaxe está a dar a volta a esas mesmas redes sociais en que o PP galego intentou trollear Bloque e Anova.