O PP impugna a convocatoria do pleno dos orzamentos e Lores afirma estar “tranquilo”

pleno
photo_camera Imaxe dun pleno en Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, asegurou esta cuarta feira estar “tranquilo” após coñecer que o PP presentou un recurso de reposición para impugnar a convocatoria do pleno extraordinario para debater o orzamento municipal sen as emendas da oposición. Jacobo Moreira, voceiro do PP, afirmou que “queren vetarnos o dereito a votar as emendas”, nunha comparecencia de imprensa recollida pola axenciaEFE.

Moreira criticou “o alcance que se lle quere dar á votación” sobre a cuestión de confianza que prevé propoñer Lores se a súa proposta de orzamentos non resulta aprobada. O rexedor considera que aceptar as emendas da oposición supón “obstruír” un goberno “lexítimo” e impedirlle desenvolver un modelo de cidade “recoñecido”. Lores asegurou que o goberno local está aberto a negociacións, mais defendeu o seu dereito a presentar unha cuestión de confianza.

Comentarios